16,00 € – 19,00 €
A Mesa celebraba o ano pasado a elección de Manuel María como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2016.
A voz do vento quere ser unha homenaxe ao recoñecido poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua e de tantas causas xustas, socio e xeneroso colaborador da Mesa.
O libro ilustrado por Jano componse de 11 temas. Os temas son extraídos dos libros: Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas.
A tribo incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira e Ricardo Casás.
Neste libro-CD colaboraron coas súas voces Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M. J. Pérez e Xosé Antón Bocixa.
Descrición
A voz do vento
- Poemas de Manuel María
- Música de Fran Amil e a tribo incomprensíbel
- Ilustracións de Jano
Características:
- 26 páxinas
- 18×18
- ISBN: 978-84-608-5465-4
- PVP: 20 €
- Desconto para socias/os: 20%: 16 €
- Desconto para non socias/os: 5%: 19 €
Additional information
Prezo de compra | Desconto web para NON socias/as 5%, Desconto web para SOCIAS/OS 20% |
---|