Presentación do libro Modelo de lingua e compromiso o 24 de setembro ás 20h na libraría Brañas Verdes de Carballo

A quinta feira (xoves), día 24 de setembro, A Mesa de Bergantiños organiza, xunto a libraría Brañas Verdes, de Carballo, a presentación do libro Modelos de lingua e compromiso.

No acto, que se desenvolverá ás 8 do serán, participarán, Xosé Manuel Sánchez Rei (editor); Xosé Ramón Freixeiro Mato (autor) e Marcos Maceira (presidente da Mesa).

Modelos de lingua e compromiso é unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma e a súa recuperación.

A publicación, coordinada por Xosé Manuel Sánchez Rei, dá acubillo a traballos realizados polas profesoras e polos profesores da Facultade de Filoloxía da UDC  Goretti Sanmartín Rei, Laura Tato Fontaíña, Manuel Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato e o propio Xosé Manuel Sánchez Rei, integrantes, asemade, do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da UDC.
Esta quinta feira, xoves, día 24 de setembro ás 20:00h.
Na Libraría Brañas Verdes, Doutor Fleming, 43, Carballo

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra