A Mesa de Lemos vai distribuír uns colantes en galego para repartir entre as nenas e nenos que acudan ás consultas de pediatría.
A Mesa pola Normalización Lingüística vai presentar en Monforte de Lemos a campaña ‘Fraseoloxía galega para pediatría’. Será este venres (sexta feira) día 7 de outubro ás 20:00 h. no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa do Comercio, 6).
Intervirán: Marcos Maceira, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e Xosé Manuel Fernández Montes, coordinador da Mesa na comarca.