Fran Rei, coordinador da Mesa na Coruña, participará esta quinta feira nun debate sobre a recente aprobación no Parlamento galego da ILP Valentín Paz-Andrade.
O coordinador da Mesa na Coruña, Fran Rei, estará esta quinta feira ás 19 h na emisora CUAC FM para participar nun debate sobre a recente aprobación no Parlamento galego da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz-Andrade.
Tamén participarán neste debate José Ramom Pichel, Isabel Rei Sanmartim e Alberte Fernández Marinho.
A ligazón ao evento no Facebook:
http://www.facebook.com/events/1471351586412892/
Ademais, este espazo de CUAC, “Está a pasar”, ten unha páxina en Facebook e un perfil en Twitter (@estaapasar) desde o cal costuma chiar ao vivo o contido dos programas.
Cuac FM pódese escoitar polo dial no 103.4 da FM en toda a área da Coruña. Tamén se pode ouvir ao vivo na rede en http://cuacfm.org/directo.