Dentro dos actos de divulgación da vida e obra de Castelao en apoio á ILP sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo Pobo Galego, promovida pola Federación Galiza Cultura, a AS-PG, a CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización Lingüística, terá lugar esta cuarta feira (mércores) ás 19.30 no Museo do Pobo Galego en Santiago a mesa redonda: Achegamento a Afonso Daniel R. Castelao, coa presenza de tres expertos na súa vida e obra: Paulo Porta, Xoan Carlos Garrido e o membro da permanente da Mesa Manuel Rei Romeu. No acto participará tamén a coral da Asociación Cultural e Musical Solfa,