O responsábel da Mesa na comarca, Xosé Cotelo, presentou un escrito no Concello demandando a substitución dos rótulos
Segundo denunciou a asociación en defensa do idioma, a sinalización vertical do aparcadoiro da praia das Salseiras, en Caión, incumpre a lexislación ao excluír a lingua galega. Nos letreiros lese unicamente “Acceso playa”, “Excepto minusválidos y servicios” ou “Senda peatonal”.
Por este motivo o responsábel da Mesa pola Normalización Lingüística na zona de Bergantiños, Xosé Cotelo, presentou un escrito no rexistro do Concello da Laracha solicitando a substitución dos rótulos que discriminan a lingua propia da Galiza.