Desenvolverase a vindeira sexta feira, 14 de setembro, ás 20.30h no Pazo da Cultura de Carballo
A sección comarcal da Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños celebrará a vindeira sexta feira, 14 de setembro, unha asemblea de zona. Terá lugar ás 20:30h no primeiro andar do Pazo da Cultura de Carballo e desenvolverase segundo a seguinte orde do día:
-Análise do traballo desenvolvido desde a última asemblea.
-Propostas de traballo para os vindeiros meses.
-Varios.