Reparto nas rúas de Bergantiños da campaña “Feijóo non merece ser reelixido”

O colectivo en defensa do idioma informará os bergantiñáns do que supuxo para o galego a lexislatura que está a rematar.

A Mesa repartirá ao longo desta semana o material da campaña “Feijóo non merece ser reelixido” nas rúas da comarca de Bergantiños. A campaña pretende informar do que supuxo para o galego a lexislatura que está a rematar, achegar elementos de xuízo á cidadanía e animala a “Votar en galego”.

 

O reparto terá lugar hoxe día 2 de outubro en Paiosaco (A Laracha), mañá 3 de outubro estaremos en Carballo e a quinta feira, 4 de outubro será na Laracha.

 

Participa!

 

Tamén podes descargar os materiais da campaña e axudar á súa difusión desde esta ligazón:

 

http://www.amesanl.org/gl/mediateca/dir/mediateca/Campa%C3%B1a+Feij%C3%B3o

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra