O bus sairá de Ferrol ás 10.00 da mañá e fará paradas en Fene, Caranza e no polígono industrial Vilar do Colo
É importante anotarse previamente coa maior antelación posíbel
Prezada compañeira,
prezado compañeiro,
Como sabes, o sábado 26 de abril celebraremos Asemblea Xeral da Mesa no Centro Sociocultural Ágora da Coruña (a carón da rúa Alcalde Liaño Flores).
Esta Asemblea é de especial importancia por supor a renovación da presidencia.
Para facilitar a participación trataremos de pór un bus desde a nosa comarca para o que é moi importante anotáreste coa maior antelación posíbel.
Saída do bus desde Ferrol ás 10 da mañá con regreso ao remate. A Asemblea é só de mañá. Paradas no centro urbano de Fene, Caranza e no polígono industrial Vilar do Colo.
O custo dependerá da xente que se anotar (se o nº fora moi baixo iriamos en autos)
Anotacións neste correo-e e no meu móbil 690 307 245
Unha aperta,
Carlos Outeiro.
Responsábel da Mesa na comarca de Ferrol.