Será, como cada ano, ás 12 da mañá no monolito do Parque Municipal e estará acompañada de música e lectura de textos do rianxeiro
O grupo local da Mesa das Pontes de García Rodríguez organiza para este sábado 7 de xaneiro a súa tradicional homenaxe anual a Daniel Castelao.
O acto decorrerá a partir das 12 da mañá perante o monolito dedicado ao político, pensador e artista rianxeiro no Parque Municipal da vila eumesa.
Haberá música e unha lectura dalgúns dos máis senlleiros textos da súa obra escrita.