A Semente Trasancos é unha das seis Sementes, escolas de ensino en galego que está a funcionar en toda Galiza.
Semente Trasancos comezou a traballar hai 5 anos como proxecto educativo en galego para idades de 2 a 5 anos. Como as nenas e nenos, Semente crece coas súas necesidades e, a día de hoxe, é un dos poucos espazos de garante o ensino integramente en galego. Para daren continuidade ao proxecto en Primario, como fixo en Compostela este ano Compostela, queren pór en andamento na comarca de Trasancos a primeira escola de Primaria das Sementes.
Semente Trasancos, tamén conseguiu a homologación que ten Compostela e, despois de meses de busca, atopou un local que reúne as condicións necesarias para abrir Primaria en Trasancos que ten que mercar.
A financiación da compra xa se acadou mais precisan un mínimo de 35000€ en efectivo.
Podemos axudar a este proxecto entrando na páxina https://gl.goteo.org/project/vamos-a-por-primario e facendo unha achega económica