ZONAS.- Asemblea da Mesa este sábado 22 de outubro en Cedeira

Terá lugar a partir das 12 da mañá no local social da AAVV da Régoa

A Mesa pola Normalización Lingüística da Zona do Ortegal convoca unha asemblea aberta para este vindeiro sábado 22 de outubro ás 12 da mañá no local social da Asociación Veciñal da Régoa.

Á reunión están formalmente convocadas/os todas/os as/os socias/os da Mesa dos concellos que compoñen a zona organizativa de Ortegal: Mañón, Cariño, Ortigueira, Cedeira, Moeche e Cerdido. Tamén están convidadas a participar cantas persoas desta comarca teñan interese en colaborar coas actividades e iniciativas en favor da lingua que A Mesa desenvolve.

Agardámosvos!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra