Terá lugar ás 20.30h no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1- baixo 5).
A Mesa pola Normalización Lingüística de Lugo vén de convocar unha asemblea de zona na próxima segunda feira, 5 de novembro, ás 20.30h no Lar (local da A.c. Cultura Do País, no Carril das Hortas).
Na última asemblea da MESA pola Normalización Lingüística de Lugo decidiuse retomar a periodicidade mensal das asembleas ordinarias, que se celebrarán, salvo acordo contrario, todas as primeiras segundas feiras de cada mes.
Na anterior asemblea, e ante a realidade dunha educación urbana desgaleguizadora pola política etnocida do PP, abordouse a posibilidade de constituír grupos de nais e pais con crianzas en idade de 0 a 5 anos co obxectivo de procuraren conxuntamente centros onde esa nova xeración de galeg@s poida ser educada na lingua do seu pobo. A próxima segunda feira continuaremos a debater e perfilar esta proposta.
Agardamos a vosa participación.
Día: segunda feira, 5 de novembro de 2012.
Hora: 20.30
Lugar: Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1- baixo 5).