Éxito na primeira actividade organizada pola sección da MESA en Lemos na que O Apalpador visitou Monforte, percorreu as rúas do centro, deu consellos sobre alimentación na Praza de Abastos. Máis tarde, contou historias e concienciou a pequenos e maiores sobre ecoloxismo e lingua. Esta visita estivo organizada pola sección da Mesa en Monforte en colaboración co concello.