Haberá autobuses que sairán de diante de Sindicatos na Rolda da Muralla ás 10.00 da mañá
Esta mañá representantes de diversas entidades integradas na Plataforma Queremos Galego organizaron unha rolda de prensa no Palco da Música da Praza Maior de Lugo para presentar a manifestación que terá lugar o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela, con motivo do Día das Letras Galegas.
Os membros da Plataforma fixeron un chamamento a toda a sociedade para que se comprometan coa defensa do noso idioma e participen na manifestación que baixo o lema “Non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos Galego!” percorrerá as rúas de Compostela a vindeira sexta feira.
Para facilitar o traslado á manifestación sairán autobuses de Lugo o propio 17 de maio, ás 10 da mañá, de diante de Sindicatos na Rolda da Muralla. As persoas interesadas poden anotarse no teléfono da CIG: 982 22 58 12.
Queremos galego!