Presentación de Outramente, de Pilar García Negro, no Carballiño

A sexta feira (venres) 27 de xullo ás 20.30 horas no Casino Carballiño

A sociolinguista Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña e membro do Observatorio de Dereitos Lingüísticos da Mesa, presentará no Carballiño o seu novo libro, Outramente, no cal se aborda entre outras cuestións a situación do noso idioma.

 

O acto, organizado pola Mesa da zona O Carballiño-Ribeiro coa colaboración da libraría Escolma e a A.C. Avantar, desenvolverase no Casino Carballiño, a sexta feira 27 de xullo ás 20.30h. Amais da autora intervirá Eladino Cabanelas, responsábel de zona da Mesa.

 

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra