O Museo Municipal de Ourense acolleu a presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
Ademais do autor do libro e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, participaron na presentación do pasado venres 24 de febreiro Rut Reza, responsábel da Mesa en Ourense, e Xosé Lois González, O Carrabouxo, voceiro da Plataforma Queremos Galego en Ourense