Queremos Galego participou no entroido ourensán

Realizaron unha parodia do presidente da Xunta e do conselleiro de Educación e Cultura, dous dos principais responsábeis dos maiores ataques contra o noso idioma nos últimos tempos.

Queremos Galego de Ourense participou no desfile do entroido desta cidade. Conselleiros de Educación coa súa bolsa de compras de “Carolina Ferreira” e con ladaíñas nas costas “non dinamitarei os servizos de normalización lingüística”, non menosprezarei o traballo dos/as profes”, “non masacrarei a cultura do meu país”, “non desprezarei a lingua propia de Galiza”, “non vos deixarei sen bus escolar”, “non vos quitarei a calefacción”… xunto cos Capitáns/ás “Queremos Galego”, chamando a atención do conselleiro para que lles deixe estudar en galego e mude a súa actitude actual cara a lingua e a cultura do país.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra