Liña do Galego

A Liña do Galego

Para te pores en contacto coa Liña, só tes que nos chamar ao número 902 106 474, escribir a linhadogalego@amesa.gal 

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que desde o ano 2007 atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego.

Moitas e moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma e iso é algo que queremos axudar a mudar, porque cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un défice democrático, que cómpre corrixir.

A idea de que hai dereitos lingüísticos en Galiza, tanto individuais como colectivos, non está asentada, canto máis nos territorios onde nin sequera teñen recoñecemento legal estes dereitos. Coa Liña do Galego quérese afortalar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país.

Cando unha persoa chama ou escribe, ábrese un expediente na base de datos ao que se lle asigna unha numeración para lle poder facer o seguimento. A Liña do Galego garante a completa confidencialidade das persoas que a utilicen, mais en ningún caso tramita queixas anónimas.

Con todas as queixas, consultas e parabéns da Liña do Galego realizarase un informe anual, que servirá tanto de diagnose da situación como para propor medidas de mellora para o ano seguinte.

 

Queixas

– Unha persoa traballadora dunha administración pública negouse a me atender en galego.

– Os sinais da estrada exclúen a lingua propia de Galiza.
– Estiven máis de dúas horas ao teléfono para conseguir que a miña compañía telefónica me atendese na miña lingua.
– A miña crianza non recibe as aulas en galego.
– Unha entidade emprega toponimia deturpada na súa documentación…

Se viviches algunha destas situacións ou outra semellante onde se vulneraron os teus dereitos lingüísticos, denúnciao! Na Liña do Galego tramitamos as queixas da cidadanía ante as entidades afectadas, con total garantía de confidencialidade para os datos da persoa que denuncia.

Non admitimos denuncias anónimas, polo que precisamos que nos facilites os teus datos: nome e apelidos, teléfono móbil e/ou correo electrónico e enderezo postal (rúa, número, andar, código postal e localidade); a entidade que conculcou os teus dereitos e a localidade (ou enderezo web) onde ocorreron os feitos, e unha explicación o máis detallada posíbel dos feitos acontecidos.

Consultas

– Teño dereito a que unha persoa funcionaria da Administración do Estado me atenda en galego?
– Como podo galeguizar o meu apelido?
– Podo falar galego no meu traballo?
– A que administración me teño que dirixir para pór unha queixa pola vulneración dos meus dereitos lingüísticos?
– Existen modelos de contratos de alugueiro en galego?

Dirixe as túas dúbidas sobre os dereitos lingüísticos da comunidade galegofalante á Liña do Galego.

Para isto, indícanos o teu nome e apelidos, correo electrónico, teléfono, o teu enderezo postal e o motivo da túa consulta.

Parabéns

– Coñeces algún estabelecemento onde a atención se dea en galego?
– Algunha entidade que aposta por esta lingua na súa publicidade ou na etiquetaxe dos seus produtos?
– Unha empresa que teña a súa páxina web en galego?
Ademais de recibiren os teus parabéns polo impulso á normalización da nosa lingua, podes empregar a Liña do Galego para lles facermos chegar as felicitacións da Mesa en representación das nosas máis de 3500 socias e socios.

Para isto, indícanos o teu nome e apelidos, correo electrónico, teléfono, o teu enderezo postal así como o nome da entidade e o seu enderezo postal (*rúa, *número, andar, código postal e *localidade) [*Campos obrigatorios], e cando é que esta emprega o galego (atendimento, publicidade, etiquetaxe, web etc).

 

 

Últimas noticias

hdr
Noticias da Mesa

“PARA EVITAR DILACIÓNS, MELLOR EN CASTELÁN”: NOVO CASO DE DISCRIMINACIÓN LINGÜÍSTICA DA XUNTA

    Nun escrito remitido pola Xunta a ADEGA na tramitación da declaración Utilidade Pública desta asociación ecoloxista, a Vicepresidencia e consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza solicita o achegamento da documentación -inicialmente presentada en galego- en castelán, “coa fin de evitar dilacións na tramitación do procedemento”   Santiago de Compostela, 21 de setembro […]

Ler máis
1474024182406
Noticias da Mesa

A Mesa alerta dun novo decretazo de odio a Galiza e ao galego

    Califica Feixó de irresponsábel por establecer por decreto falsos prexuízos sobre a lingua Para cando Feixó blindará os dereitos das persoas galegofalantes? En sete anos de goberno Feixó só aumentou a desprotección do galego na administración O anunciado decreto de atención cidadá é unha derrogación encuberta da Lei de Normalización Lingüística   received_1268302319871013 (166 […]

Ler máis
entroido QG Ourense 3
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Encontro con Mario Outeiro
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
CIMG3464
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis