O 15 de xuño cúmprense 40 anos da aprobación por unanimidade da Lei de Normalización Lingüística de Galiza, unha lei destruída polo Tribunal Constitucional e aplicada de forma moi deficiente pola maioría dos gobernos da Xunta.
O venres 16 de xuño a Fundación Galiza Sempre en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística organiza un acto para conmemorar a efeméride na A.C Alexandre Bóveda da Coruña ás 19:30 horas baixo o título 40 anos da lei de normalización lingüística. Unha ollada retrospectiva e outra de futuro.
Contaremos coas intervencións de Pilar García Negro, relatora do Plan Xeral de Normalización Lingüística en 2004 e ex deputada do BNG e Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Presenta e modera o acto Mercedes Queixas, deputada