Un manifesto elaborado polo alumnado será o testemuño que irá percorrendo Galiza en defensa da nosa lingua.
A carreira pola lingua que conta coa participación de centos de centros de ensino de todas as etapas e de miles de escolares, comezará en Ourense o 2 de maio e percorrerá as comarcas de Ferrolterra, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Baixo Miño e o Condado, O Morrazo, a Ribeira Sacra, para rematar na Mariña o 16 de maio.
O testemuño que irá percorrendo o país, será o manifesto gañador do concurso que se celebra todos os anos no que resoltou gañador o alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures e que se pode consultar aquí.
O remate das carreiras pola lingua estará marcado polos grupos participantes do concurso Cantalingua, onde o alumnado escolle os grupos que quer que actúen nos diferentes Correlingua. A participación neste concurso continua aberta. Entra en www.cantalingua.org se queres coñecer os participantes.
Aquí está a ligazón para inscribir o teu centro no Correlingua 2012.
Galego, todo o que buscas!