Música, teatro, libros, exposicións e moita lingua conforman o Programa das Letras 2014, dedicado a Xosé María Díaz Castro
Un ano máis Carballo conmemora o 17 de maio, Día das Letras, a través dun programa de actividades que transcorre durante todo o mes de maio e que se centra nunha serie de citas arredor da promoción da lingua, o libro e a lectura, pero que tamén propón teatro, música e arte.