Noticias da Mesa

A Mesa alerta de que o ensino en galego “é residual na educación infantil das sete cidades”

“A erradicación do galego da escolarización básica nas zonas máis poboadas pon en risco a cohesión social e o futuro da nosa cultura”.

A Mesa anima as familias a responderen “galego” nas matrículas de Educación Infantil, “pois é o único xeito de garantir unhas competencias mínimas tamén na lingua do país”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística constata que na educación infantil das sete cidades galegas (até os seis anos) a presenza da lingua propia do país “decaeu de forma notoria nos anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo” e calculan que este descenso está mesmo por debaixo do 10%.

 

 

A maior asociación cultural do país alerta de que “unha posición tan residual da lingua propia nas áreas máis poboadas de Galiza e nas idades máis temperás pon en risco a cohesión social de Galiza e o futuro da nosa cultura”.

 

Por iso, a entidade presidida por Carlos Callón reclámalle á Xunta que “escoite ás asociacións de nais e pais, sindicatos, organizacións estudantís e movementos de renovación pedagóxica, que lle reclaman a unha soa voz unha política educativa, lingüística e cultural que non ataque os nosos sinais de identidade e que garanta as competencias comunicativas do alumnado no idioma propio de Galiza”.

 

Ademais, A Mesa tamén “anima” ás familias con nenas e nenos en educación infantil a que respondan “galego” nas preguntas da matrícula que lles achegarán desde os centros. “Sabemos que se trata dunha consulta trampeira, xa que nin fica claro o motivo da pregunta, nin as súas consecuencias, mais temos que ter claro que só respondendo galego se defenderá o dereito de aprendizaxe no idioma que nos une como galegas e galegos”, apuntan.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis