Noticias da Mesa

A Mesa escolleu nova dirección e acordou as liñas de actividade para os próximos meses

Nova composición da Permanente da Mesa: Carlos Callón (presidente), Susana Méndez (vicepresidenta 1ª), Carlos Outeiro (vicepresidente 2º), Iria Taibo (secretaria xeral) e Paulo Filgueiras (coordinador de Zonas e Comunicación).

Aprobouse unha resolución de apoio a todos os medios de comunicación en galego, en particular aos que están devolvendo a esperanza nos últimos tempos coa súa chegada (Dioivo, Praza Pública e Sermos Galiza). Alentouse tamén a conseguir subscricións para Sermos Galiza, de forma que a lingua galega poida regresar aos quioscos o vindeiro 17 de maio.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística reuniuse en asemblea xeral o pasado sábado en Ourense. O conclave de socias e socios aprobou por unanimidade todos os puntos da orde de traballos: o informe de contas e de xestión, o orzamento para o próximo exercicio, a proposta de actividades para o futuro próximo, etc. Tamén se secundou por unanimidade a proposta de nova Comisión Permanente da asociación, coa seguinte composición:

 

Presidente: Carlos Callón

Vicepresidenta 1ª: Susana Méndez

Vicepresidente 2º: Carlos Outeiro

Secretaria Xeral: Iria Taibo

Coordinador de Zonas e Comunicación: Paulo Filgueiras

 

Tamén se debateu e aprobou o informe sobre a situación da afiliación, que foi avaliado de forma positiva. A pesar de que a crise económica supuxo algunhas baixas nos últimos tempos, desde o comezo do último mandato, en 2009, até esta asemblea xeral produciuse un crecemento positivo de 169 socias e socios, o cal consolida A Mesa como a maior organización cultural galega en número de membros. De calquera xeito, posto que a actuación da Mesa depende do apoio económico dos seus socios e das súas socias, tamén se apostou por intensificar as accións de afiliación.

 

Así mesmo, a Asemblea Xeral aprobou por aclamación o nomeamento do compañeiro Fran Rei como socio de honra da entidade. Fran Rei, que nos últimos anos exerceu diferentes responsabilidades na Comisión Permanente da Mesa, continuará neste período na Xunta Directiva, como coordinador do grupo de traballo da Mesa na Coruña.

 

A Mesa acordou tamén centrar os seus esforzos até o 17 de maio en conseguir que a manifestación do Día das Letras “supoña un novo fito mobilizador na defensa do noso idioma”. Nunha resolución diferenciada aprobouse unha mensaxe de apoio a todos os medios de comunicación en galego, en particular aos que están devolvendo a esperanza coa súa recente chegada (Dioivo, Praza Pública e Sermos Galiza). Alentouse tamén a conseguir subscricións para o semanario en papel Sermos Galiza, de forma que a lingua galega poida regresar aos quioscos.

 

A Asemblea Xeral finalizou coa animosa intervención da compañeira Rut Reza, responsábel da Mesa en Ourense. A vindeira Asemblea Xeral da Mesa, en 2013, producirase noutro concello galego, aínda por determinar.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis