A Mesa pola Normalización Lingüística

As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Novidades da Granxa O Cancelo, Englishpanish, Pizzbur e Edicións Xerais

– A Granxa O Cancelo inaugurou esta semana un dispensador de leite en Coirós. Xa preparan a inauguración do seguinte, o próximo 29 de xaneiro, no lugar de Brea, en Guísamo (Bergondo). O día da inauguración haberá degustación de leite e agasallarán botellas de cristal reutilizábeis.

– Englishpanish presenta as súas tarifas para o ano 2013, para os seus servizos de tradución, edición e deseño. Podedes contactar con eles na súa páxina http://www.englishpanish.com/ga/node/freequote

– Pizzbur abriu o pasado xoves 24 un novo establecemento en Culleredo. Aquí podedes ver as imaxes do novo local: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.285464548246103.66653.126738460785380&type=1

– Edicións Xerais lembra que aínda é posíbel conseguir a súa axenda de 2013 a un prezo especial para socios e socias da Mesa: http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/368

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra