Entidades culturais e sociais de Santiago organizan un roteiro artísitico polas prazas da cidade vella para reivindicaren os espazos públicos

Data:Venres 6 de xullo
Hora:A partir das 19.00h
Lugar:Praza do Toural e desde aí percorrido pola Cidade Vella
A ordenanza municipal de ocupación da vía pública de Santiago de Compostela, limita gravemente a utilización dos espazos públicos por parte de entidades sociais e culturais, e é un paso máis na actitude de censura contra todas aquelas actividades que non sexan proclives ao goberno municipal de Santiago, como A Mesa pola Normalización Lingüísitica tivo ocasión de comprobar coa retirada de apoio ao Correlingua ou os impedimentos para a celebración da manifestación do 17 de maio que houbo que recorrer e gañar nos xulgados.

Diferentes grupos cullturais e sociais da cidade que se veñen organizando contra a aprobación da ordenanza municipal de utilización da vía pública, organizan un roteiro artístico con actuacións musicais, de danza e outras artes para mañá, venres 6 de xullo. A comitiva partirá da praza do Toural ás 19.00 e percorrerá a Cidade Vella.

Segundo as entidades organizadoras, entre as que se atopa a Mesa pola Normalización Lingüística, o obxectivo é facer notar a importancia que a utilización das rúas como espazo público ten para o desenvolvemento cultural e social da cidade compostelá. A ordenanza municipal de ocupación da vía pública limita gravemente a utilización dos espazos públicos por parte de entidades sociais e culturais, e é un paso máis na actitude de censura contra todas aquelas actividades que non sexan proclives ao goberno municipal de Santiago, como A Mesa pola Normalización Lingüísitica tivo ocasión de comprobar coa retirada de apoio ao Correlingua ou os impedimentos para a celebración da manifestación do 17 de maio que houbo que recorrer e gañar nos xulgados.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra