Noticias da Mesa

Lotaría de Nadal da Mesa

Xa están á venda as participacións da Lotaría de Nadal da Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa xoga este ano o número 32.205, en participacións de 2,50 euros. Dous euros xóganse nese número para o sorteo extraordinario da Lotaría de Nadal e 0,50 euros son para participar no sorteo dunha noite para dúas persoas na casa de turismo rural A Balea en Corcubión, unha das empresas de Abertos ao Galego.

Para comprares participacións, podes pasar polo local nacional da Mesa (Avenida de Lugo, 2A – entresollado A, de Santiago de Compostela) ou preguntares á ou ao responsábel da Mesa na túa zona (para máis información podes escribir ao correo zonas@amesanl.org).

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis