Desde A Mesa pola Normalización Lingüística queremos parabenizar á AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) e á Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) que ten desenvolve o proxecto “Apego”, por gañar o VIII Premio Rosalía de Castro de Lingua.
A AS-PG gañou na categoría de colectivo, entidade ou asociación que destaque na promoción da lingua galega. O premio recoñece a tarefa continuada e a longa traxectoria a prol da lingua e cultura galegas, formación docente, publicación de materiais didácticos, promoción de espectáculos audiovisuais, elaboración de estudos sociais e implicación decisiva no proceso de normalización lingüística.
Na categoría que premia proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menor idade, infancia e mocidade, resultou gañador o proxecto “Apego”,da CTNL.
O presidente da Mesa Marcos Maceira