A Mesa pola Normalización Lingüística

Recuperemos as formas tradicionais de nomearmos os días da semana!

A Mesa de Bergantiños elaborou un interesante vídeo que amosa como as denominación dos días da semana por “feiras” era común na fala coloquial até hai pouco.

Paga e pena compartirmos este video feito polas compañeiras e compañeiros da Mesa en Bergantiños. Nel amósase como as denominacións dos días da semana por “feiras” era moi común na comarca bergantiñá até hai moi pouco tempo, ao igual que no resto do país, e fai unha chamada a sermos parte activa do proceso de recuperación das formas tradicionais e xenuinas dos días da semana: segunda feira, terza feira, corta/cuarta feira, quinta feira, sexta feira, sábado e domingo. Estas denominacións están plenamente recoñecidas na normativa oficial da RAG. Estamos a tempo de as recuperar para usarmos un galego máis noso.

http://www.youtube.com/watch?v=cS1Xn-eqshM

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra