Noticias da Mesa

Recollida de sinaturas da ILP de medidas para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

Cárgate de sentido común e asina

As sinaturas serán para apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

 

A ILP pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais, xa que a súa inexistencia, malia ser o galego unha lingua cooficial en Galiza, provoca continuamente situacións de vulnerabilidade, indefensión, denegación da atención e na prestación dos servizos.

A Mesa comezará agora unha campaña para reunir miles de sinaturas en toda Galiza durante os próximos catro meses.

AGOSTO:

Sábado e domingo 5 e 6, Festival de Pardiñas

XULLO:

Sábado día 29 no Parque Luís Seoane, a carón do monumento ao emigrante, en Santa Cruz, Oleiros.

Segunda e terza feira (luns e martes) 24 e 25 no Festigal, Santiago de Compostela

Sábado día 22 na Praza Maior de Ribadavia, entre 19:00 e 22:00h

Sexta feira (venres) día 21 en Corcubión, na Praza de Castelao, entre 17:30 e 22:00h

Sábado 15 e domingo 16 no Festival de Ortigueira

Terza feira (martes) día 11 en Gondomar, na Igrexa de San Bieito, entre 11:30 e 14:00h

Domingo día 9, na Praza do Concello, Betanzos, entre 11:30 e 14:00h

Sexta feira (venres) día 7, nos soportais da Av. Castelao, Muros, de 11:00 a 14:00 e de 20:00 a 21:30h

Quinta feira (xoves) día 6, na Alameda de Redondela, entre 11:00 e 14:00h

Sábado día 1, na Praza do Concello de Vimianzo, entre 11:30 e 20:00h

XUÑO:

Sexta feira (venres) día 30, no mercado de Poio, entre 11:00 e 14:00h

Quinta feira (xoves) día 22, en Arzúa, na entrada do recinto feiral, rúa Valle-Inclán, entre 11:00 e 14:00h

Quinta feira (xoves) día 15, en Cambados, na Praza do Concello, entre 11:00 e 14:00h

Cuarta feira (mércores) día 14, presentación da ILP na Coruña, no local da Asociación Alexandre Bóveda, Rúa Olmos 16-18, 1º, ás 19:00h

Terza feira (martes) día 13, no mercado de Soutomaior, Praza Talo Río de 11:00 a 14:00h

Do 8 ao 11 na Semana Verde de Silleda

Domingo día 4, na feira de Meira, entre 11:00 e 14:00 h.

Sábado día 3, na Praza do Concello de Pontedeume, entre 11:30 e 14:00 h.

MAIO:

Sexta feira (venres) día 26, na Biblioteca Concepción Arenal, Campus Vida. Santiago de Compostela, entre 11:00 e 14:00h.

Segunda feira (luns) día 22, na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, entre as 11:00 e 13:30h.

Domingo día 21, na Estrada, na rúa Justo Martínez, entre 11:30 e 13:30h.

Sábado día 20, en Baños de Molgas, no festival Berra em galego, no Parque da Ansuíña, entre 20:00 e 22:00h.

Sexta feira (venres) día 19, presentación da ILP en Ribeira, no Ateneo Valle-Inclán, Praza de Compostela ás 20:00h.

Quinta feira (xoves) día 18, presentación da ILP en Luou, no local da A.C. A Mámoa, rúa da Igrexa nº 18.

Cuarta feira (mércores) día 17, na Alameda, durante a manifestación de Queremos Galego e na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela de 11:00 a 14:00h.

Sábado día 13:

  • Xinzo de Limia, no mercado da rúa San Roque entre 11:30 e 14:00h.
  • Allariz, no contorno do VIII Festival Internacional de Xardíns, entre  19:00 e 22:00h.

Quinta feira (xoves) día 11, na Facultade de Historia da USC, entre 11:00 e 13:30h.

Terza feira (martes) día 9, en Vilagarcía de Arousa, na Praza de Galiza a partir das 11:30h.

Domingo día 7, en Vilar de Santos, no Mercado de Artesanía e Produto Local, entre 11:30 e 14:00h.

Sábado día 6, no Barco de Valdeorras, na rúa Elena Quiroga da Barca, na feira, entre 11:30 e 14:30h.

Quinta feira (xoves) día 4, Presentación da ILP en Santiago de Compostela ás 18:30 h., na Facultade de Filoloxía

ABRIL:

Domingo día 30, en Ribadavia, na Alameda, no recinto da Feira do Viño, entre 11:00 e 14:00h.

Domingo día 30, en Carballo, na Rúa A Coruña, entre 11:00 e 13:30 h.

Sábado día 29, en Pontevedra, na Praza da Pedreira entre 18:00 e 22:00h. con motivo da celebración do festival Galegote Rock

Quinta feira (xoves) día 27, en Ourense, na rúa do Paseo entre 18:00 e 20:00h.

Segunda feira (luns) día 24, en Lugo, ás 11:00 na Avenida Ramón Ferreiro, diante de Maxisterio

Sábado día 22, nas Pontes, na Avenida de Ortigueira diante do Eroski Center, de 18:00 a 20:00

Domingo día 16, na Feira do Ferro en Riotorto entre 11:00 e 13:30h.

Domingo día 16, na feira de  Paiosaco ( A Laracha), de 11 a 13:30h.

Quinta feira (xoves) día 13, no paseo marítimo de Malpica entre 17:00 e 19:00h.

Cuarta feira (mércores) día 12, no mercado de Ribadeo entre 11:00 e 13:00h.

Cuarta feira (mércores) día 12 de abril, na Laracha, na praza do Recreo (zona do Instituto) entre 17:00 e 19:00h.

Terza feira (martes) día 11, na Praza Maior de Verín entre 10:30 e 13:30h.

Domingo 9 entre as 11:00-14:00 en Sober durante a Festa do viño.

Domingo 9 entre as 11:00-13:30 en Carballo na rúa Coruña.

Domingo, día 9, en Carballo, na rúa A Coruña, entre 11:00 e 13:30 h.

Sábado día 8 ás 18:30 h., presentación da ILP no local da A.V.V. “Campo da Feira” de Paiosaco (Avda. Bergantiños, 48), A Laracha.

Sábado 8 de abril entre as 11:00-13:30 en Pontevedra no Mercado Municipal de Abastos.

Sábado 8 de abril entre as 20:00-22:00 en Rianxo durante a Festa da chuvia.

Quinta feira (xoves) 6 de abril na rúa A Coruña de Carballo entre 16:00 e 19:00 h.

Terza feira (martes) 4 de abril no mercado de Foz, de 10:30 a 13:00 h.

Domingo 2 de abril na Laracha, na feira de Paiosaco. De 11:00 a 13:30 h.

1 e 2 de abril en Vigo, na Festa da Reconquista. O punto de encontro será na Praza da Princesa nº 8.

  • Sábado 1 de abril de 17:30 a 20:00h.
  • Domingo 2 de abril de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

MARZO:

Sexta feira (venres) 31 de marzo en Ourense, na rúa do Paseo.

Quinta feira (xoves) día 30 de marzo en Noia, entre 11:00 e 13:30 h. na rúa Porta da Vila, a carón do edificio da entidade Abanca.

Cuarta feira (mércores) 29 de marzo en Ourense, na rúa do Paseo.

Cuarta feira (mércores) día 29 de marzo na Pobra do Caramiñal, entre 11:00 e 13:00 h. diante do edificio do Mercado Municipal.

Terza feira (martes) 28 de marzo en Boiro, entre 11:00 e 13:30 h. no mercado, na transversal coa Avenida Municipalidade de Avellaneda.

Cuarta feira (mércores) 22 de marzo, entre as 11:00 e as 13:00, haberá un posto na facultade de filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Segunda feira (luns) día 20 de marzo, entre as 11.30 e 12.30,  en Santiago de Compostela. Un nas inmediacións da biblioteca Concepción Arenal (Campus Sur)

O domingo día 19 de marzo, entre as 17:30 e as 18:30, A Mesa porá a posto de recollida de sinaturas na Coruña, durante o encontro deportivo entre o RCD da Coruña e o Celta de Vigo.

O sábado día 18 de marzo, entre as 16:00 e as 19:00, o posto estará a disposición dos asinantes durante o Campionato de Billarda na Praia de Laxe ao lado do porto e, se chove, trasladarase ao polideportivo.

 

 

Animamos a todos a que se acerquen aos nosos posto para apoiar a campaña que quere garantir o dereito a vivirmos na nosa lingua. Para máis información sobre esta ILP: http://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/iniciativa-lexislativa-popular-de-medidas-para-garantia-dos-dereitos-linguisticos-no-ambito-socioeconomico

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis