As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Nova incorporación: restaurantes Pizzbur en Viveiro e Ribadeo; presentación do novo libro dos Larpeiros en Allariz; Deseño e Cores incorpórase ao catálogo de descontos de Abertos ao Galego; reportaxe sobre Cousas de Mortos, de Demo Editorial; novo punto de venda do leite da Granxa O Cancelo en Betanzos

– Esta semana incorpórase a Abertos ao Galego Pizzbur, unha cadea de restaurantes con presenza en Viveiro e Ribadeo: http://pizzbur.gl/

Deseño e Cores (empresa de deseño e impresión de agasallo publicitario e cartelaría) incorpórase ao catálogo de descontos cun 25% a socios e socias da Mesa en todos os seus materiais. Ademais, están de aniversario como empresa, polo que en breve nos informarán de como van celebrar os seus 15 anos. 

Demo Editorial. Manel Cráneo fala no programa Zigzag Diario da TVG do seu cómic Cousas de mortos http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/manuel-craneo-fala-do-seu-comic-cousas-de-mortos#.UJoj12fh_Tp

– presentación do novo libro dos Larpeiros na Feira de Outono de Allariz coa colaboración da libraría Aira das Letras. Este sábado ás 19.30 horas coa presenza de Benigno Campos

– Desde esta semana, a Granxa O Cancelo ten un novo punto de venda do seu leite en Betanzos, a Panificadora Betanzos (Carregal, 2)

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra