Santiago de Compostela. 27/11/2015-. A Mesa Pola Normalización Lingüística súmase á dor pola morte do escritor Xosé Neira Vilas que faleceu hoxe aos 87 anos de idade deixando orfo non só ao Balbino, senón tamén á cultura galega.
A MESA tamén quere destacar o seu papel protagonista na loita pola recuperación da lingua e cultura galega dentro do país e máis alá das súas fronteiras.