Noticias Noticias da Mesa

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa discrimina as persoas galegofalantes

Este organismo redacta unhas bases excluíndo o galego na atención ao público no faro de Corrubedo

A autoridade portuaria contempla a obrigatoriedade do castelán e do inglés

  • (162 kB)
  • (162 kB)

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a exclusión do galego no prego de condicións administrativas da concesión para a explotación turística do faro de Corrubedo. Unha nova mostra da necesidade da ILP promovida pola Mesa para garantir os dereitos lingüísticos no eido socioeconómico e atención en galego.

Con data do 18 de novembro de 2017, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba unha resolución referente ao proxecto Faros de España. Neste ditame a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa sacaba a concesión a explotación turística do faro de Corrubedo.

No epígrafe 24 da resolución enúnciase que “o promotor deberá dispoñer dunha páxina web en español e inglés”. Asemade, no 29 continúa explicando que se deberá ter en conta o compoñente turístico internacional para que se dispoñan de recursos necesarios para poder atender “correctamente en inglés”.

A redacción destes epígrafes vulnera claramente a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias ou a Lei 3/1983 do 15 de xuño, de normalización lingüística na cal se indica no artigo 4.1 que o galego é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma e da súa administración; e o artigo 6.3 do devandito texto legal insta os poderes públicos de Galiza a promoveren o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns e cidadás.

Desde a Mesa denúnciase que o galego, oficial na nosa comunidade, fica excluído de todo o documento e das condicións para obter a explotación do edificio turístico. Porén unha lingua estranxeira, o inglés e os seus falantes, posúen máis dereitos recoñecidos que a lingua oficial do territorio no que se asenta o faro, a lingua galega.

“Semella incríbel pero as propias institucións están a discriminar todas as persoas que desexamos vivir en galego libremente” asegura o presidente da Mesa Marcos Maceira. “Exixirémoslle á Autoridade Portuaria que corrixa as bases para que non se vulneren dereitos fundamentais das persoas galegofalantes” concluíu Maceira.

  • (162 kB)
  • (162 kB)

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis