Terá lugar o vindeiro 26 de abril no Centro Sociocultural Ágora da Coruña
Convócase ás socias e aos socios da Mesa pola Normalización Lingüística á Asemblea Xeral que se realizará o vindeiro 26 de abril no Centro Sociocultural Ágora da Coruña (a carón da rúa Alcalde Liaño Flores), ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11 h en segunda convocatoria (prevese o comezo a esta segunda hora). A Mesa quere continuar co proceso para achegar cada ano a súa asemblea xeral a un concello diferente de Galiza, iniciado en 2012 en Ourense e continuado o ano pasado en Ferrol.
A orde de traballos é a seguinte:
1. Debate e aprobación do Regulamento da Asemblea Xeral.
2. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
3. Admisión e ratificación de altas e baixas.
4. Exposición e aprobación do Informe de Xestión.
5. Exame e aprobación do Informe Económico do exercicio pasado.
6. Exposición das candidaturas para a nova Comisión Permanente. Debate e elección.
7. Exposición e aprobación da liña de actividades para o próximo ano.
8. Debate e aprobación do orzamento para o próximo exercicio.
9. Rogos e preguntas.
No caso de seres socia/o da Mesa e teres interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesanl.org e serache enviado por ese mesmo procedemento. O tope para a presentación de candidaturas á Comisión Permanente finaliza o día 16 de abril ás 14 horas no local nacional da Mesa.
Ademais, cómpre recordar que é necesario que todos os membros da Mesa envíen de novo o seu número de conta, debido ás novas cifras do IBAN. Prégase que se remita ese dato crucial para a continuidade da organización ao correo-e amesa@amesanl.org ou ao enderezo do local nacional: Avenida de Lugo, 2A – Entresollado A, Santiago de Compostela, para procedermos á súa modificación, sempre de acordo co estipulado pola Lei de Protección de Datos.
Unha forte e animosa aperta,
Carlos Manuel Callón Torres
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística