A manifestación de percorrerá as rúas de Compostela baixo o lema “Non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos Galego!”
Sairá ás 12.00h da Alameda de Santiago de Compostela
O vindeiro 17 de maio será unha data histórica. Faranse 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, obra coa que Rosalía de Castro ergueu unha bandeira, como ela mesma afirmou, da que hoxe menos que nunca debemos desertar.
Por iso todas e todos temos que facer o posíbel por converter esta xornada nun outro día memorábel de reivindicación da nosa lingua e da nosa dignidade, porque nós, igual que Rosalía, non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos Galego!
Se queres contribuír activamente ao éxito desta manifestación lembra que:
1- Podes descargar os cartaces par lles dares a máxima difusión nesta ligazón:
http://www.amesanl.org/gl/mediateca/dir/mediateca/Cartaz+mani+17M+Queremos+galego
2- Tamén podes descargar e difundir este texto de apoio:
http://www.queremosgalego.org/wp-content/uploads/2013/05/folleto17m.pdf
3-Lembra que toda a información dos autobuses se pode consultar aquí:
http://www.queremosgalego.org/2013/05/08/autobuses-para-a-manifestacion-do-17-de-maio/
4. O día da manifestación non esquezas empregar o hashtag #17Mqueremosgalego
QUEREMOS GALEGO!