Noticias Noticias da Mesa

A Mesa colabora coa Semente Lugo nas III Xornadas de Formación, adicadas á educación galega e feminista

A Mesa pola Normalización Lingüística colabora coa escola Semente Lugo nas III Jornadas de Formaçom, que terán lugar este sábado -día 4 de maio- na sala de actos da residencia xuvenil Lug II –rúa Pintor Corredoira 15– e que se centrarán na educación galega feminista. As persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto antes do día 3, nesta ligazón.

A xornada comezará ás dez da mañá co relatorio arredor do Transfeminismo, a soma inteligente de luitas que ofrecerán Cristina Palacios, presidenta de ARELAS, e mais a sindicalista Laura Bugalho. Palacios foi tamén impulsora do Protocolo Educativo sobre Identidade de Xénero e é nai da primeira crianza trans de Galiza legalmente recoñecida. Bugalho, pola súa banda, fundou o colectivo Transgaliza e insiste na necesidade de “formular a ideia fundamental de que o transfeminismo é a suma de todas as loitas, que non son parciais, senón que agora podemos recoller todas as nosas enerxías para loitar de forma intelixente.

Despois, chegará a mesa sobre Género e educaçom emocional: Desconstruindo-nos para acompanhar em igualdade que ofrecerá a educadora social María Rosendo. A mestrada en xénero e experta en “facilitación e xestión de grupos” traballa dende 2009 na dinamización con perspectiva feminista de varios espazos de autoesitma, xénero e vínculos amorosos con mulleres adultas e con adolescentes.

Pola tarde, a xornada abrirá Espaços para a língua. Estratégias para aumentar o uso dumha língua minorizada coa intervención de Bernadette O’Rourke, catedrática de Sociolinguística na Universidade de Glasgow que participa no proxecto galego SMiLE (A Sustentar Línguas Menorizadas na Europa) e que ofrecerá os resultados das suas pesquisas sobre Língua e género. Da língua materna à língua das iguais. Despois, a feminista, nai e traballadora Olalha Barro, que forma parte do comisariado das xornadas Malas Linguas: activando falantes no S. XXI da Deputación da Coruña, visibilizará os mecanismos de dominación simbólica e as violencias que operan contra as mulleres e contra as persoas galegofalantes.

Finalmente, a psicóloga Hadriana Ordóñez ofrecerá a palestra Educaçom sexual de umha perspetiva feminista, na que tratará a relación intraindividual e a satisfacción no ámbito sexual a través dos eixos da mudanza social e do equilibrio nas persoas.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis