Noticias Noticias da Mesa

Denunciamos que goberno español e Xunta dan as costas ás recomendacións do Consello de Europa

A entidade de defensa da lingua recorda nun informe solicitado polas autoridades europeas que o Estado sigue incumprindo os seus compromisos con respecto ás linguas minorizadas e desminte varios aspectos do documento no que o ministerio de política territorial avala a política lingüísitica no ensino da Xunta

O Consello de Europa solicitou á Mesa pola Normalización Lingüística que valorase a resposta ofrecida polo goberno español ás recomendacións de obrigado cumprimento emitidas en decembro de 2019 polo Comité de Ministros europeo. No seu informe, a entidade de defensa da lingua denuncia que o goberno socialista non só evita dar resposta ás reclamacións de Europa, indicando que accións realizará para dar cumprimento aos compromisos adquiridos ao asinar a Carta Europea da Linguas, senón que vai un paso máis alá e avala a política lingüísitica no ensino da Xunta, contraria ao galego e á propia Carta, como indicaron o comité de expertos que a avalía e o propio Comité de Ministros nas tres últimas avaliacións.

As principais demandas do Consello de Europa consistían en garantir o uso do galego nos procedmentos xudiciais e na administración e reclamaba que se eliminasen os limites ao ensino en galego en Galiza, en referencia ao decreto 79/2010 mal chamado de plurlinguismo. O presidente da Mesa, Marcos Maceira, denuncia que “o informe do Estado ás reclamacións europeas se limita a participar da manipulación á que a Xunta somete os datos estatíticos, obviando que o uso do galego está prohibido nas mateiras de matemáticas, física e química e tecnoloxía, as dotadas de maior carga horaria, e que un de cada catro menores de 15 declaran seren incapaces de se expresaren en galego”.

“Respecto á xustiza”, explica Maceira, “chama a atención que sinalen como melloras accións que aínda non se tomaron respecto á intelixencia artificial, sen sequera indicar que o programa informático de xestión Minerva aínda non conta con opción en galego, cando o que requiría o Consello de Europa era a modificación da Lei Orgánica do Poder xudicial para garantir a posibilidade de que todos os procedementos sexan en galego a petición dunhas das partes”. “E no relativo á administración xeral do Estado”, abunda, “é escandaloso que se pretenda pasar como verdade un suposto complemento salarial polo coñecemento de linguas cooficiais que nin existe nin se paga, cando nin sequera nas últimas convocatorias da administración do Estado se exixe o coñecemento de galego para a prazas ofertadas en Galiza”.

“Xunta e goberno español”, remata o presidente da Mesa, “deben aproveitar as reclamacións do Consello de Europara para dar pasos significativos na garantía de emprego e presenza do galego en todos os ámbitos”. Neste sentido van as propostas para a normalización no ensino presentada á Xunta pola Mesa xunto coas organizacións da comunidade educativa e a Proposición Non de Lei impulsada pola Mesa e outras entidades a favor das linguas do Estado. “A mentira e a manipulación non poden tapar os incumprimentos do Estado e da Xunta”, reclama Maceira.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis