Noticias da Mesa

A Mesa reclama ante as Nacións Unidas que se respecten os dereitos das e dos galego falantes

No informe presentado pola Mesa e ELEN sinalanse casos concretos e moi graves que demostran que estas discrimación son sistémicas por parte do Estado

Marcos Maceira: “reclamamos para galegas e galegos os mesmos dereitos e posibilidades de usar a súa lingua que unha cidadá de Albacete, de Lisboa ou de Bonn”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Xenebra, 25 de xuño de 2015-. A Mesa pola Normalización Lingüística a través do seu presidente Marcos Maceira, participou hoxe dentro do 29º Exame Periódico Universal do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas.

A Mesa, xunto outras entidades do Estado español que forman parte de ELEN, sinalou hoxe en Xenebra, perante o Consello de Dereitos Humanos da ONU, que a discriminación contra as linguas oficiais distintas do español é completamente inaceptábel e que debe cesar de xeito inmediato.

A Mesa e ELEN instaron ao Consello de Dereitos Humanos da ONU, co apoio dos Estados membros, a tomar as medidas necesarias de inmediato, a facer una chamada á orde ás autoridades competentes en España, e a tomar medidas que garantan o cesamento da discriminación lingüística contra os falantes de idiomas propios en territorios baixo soberanía española.image

Finalmente a Mesa e ELEN solicitaron da UE que abra un procedemento de infracción contra España por infrinxir as normas da UE contra a discriminación, incluída a Carta dos Dereitos Fundamentais (Art. 21, 22), a Directiva sobre igualdade e outras medidas como a Carta Europea das Linguas.

Segundo sinalou o presidente da Mesa, en rolda informativa posterior á intervención, “viñemos denunciar casos moi graves, que vulneran calquera principio democrático e de respecto pola dignidade dos pobos e das persoas que os compoñen, que teñen lingua propia e a quen non se lles permite exercer dereitos cidadáns e humanos elementais se o fan na súa lingua”.

Maceira referiuse ao caso de Vigo que se xulgará o 21 de xullo tras ser admitida a trámite a denuncia dun doente a quen se lle atrasou case dous anos unha operación tras requirir asinar a correspondente autorización en galego.

O impreso non se lle quixo dispoñibilizar en galego até meses máis tarde, co conseguinte agravamento do seu estado de saúde. Malia a desestimación polo SERGAS, cunha resolución en que porén recoñece a vulneración do dereito a utilizar galego.

“Casos coma este ou persoas ás que se lle rexeita en entrevistas de traballo o dereito fundamental de se expresaren na súa lingua, desatención, insultos e ameazas por parte dos corpos de seguranza do Estado, deben ser coñecidos pola comunidade internacional porque quen despreza a lingua dun pobo está a desprezar un pobo e iso é racismo”, indicou Maceira, que reclamou para as galegas e galegos os mesmos dereitos a usar a súa lingua que unha cidadá de Albacete, de Lisboa ou de Bonn. “Non queremos nada menos” rematou.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang