As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Incorporación do café Airas Nunes; a Livraria Suévia incorpórase ao catálogo de descontos de Abertos ao Galego; concurso de micro-relatos de OZOCOgz; curso de animación á lectura de Aira das Letras; inauguración de novo local en Culleredo de Pizzbur; oferta no novo servizo de vinilos de Tórculo; exposición de fotografía de Cafécongotas – Comunicación Visual; novidades editoriais de Edicións Xerais

– nova incorporación: Airas Nunes, café compostelano que tamén é unha empresa de catering. Nos próximos días contarémosvos máis desta coñecida empresa compostelana.

– a Livraria Suévia incorpórase ao catálogo de descontos cun 10% de desconto a socios e socias da Mesa nas diferentes coleccións dos Bolechas e un 5% en todos os libros en galego salvo nos editados por Xerais e Galaxia.

– OZOCOgz convoca o seu 1º concurso de microrrelatos. O gañador levará un lote de libros xunto con produtos OZOCOgz. O xurado confórmano, ademais dos responsábeis de OZOCOgz, as librarías Escolma do Carballiño, Aira das Letras de Allariz e Suévia da Coruña, as escritoras Marta Dacosta e Paula Carballeira e o escritor David Otero. Podedes ler as bases completas na seguinte ligazón: Bases Concurso.

– Aira das Letras. Curso de animación á lectura para mestres de educación primaria e nais e pais, organizado en colaboración coa Fundación Vicente Risco. O curso é de 10 horas de duración e celébrase o venres e sábado 1 e 2 de marzo. Para obter máis información podedes escribir  á libraría a info@airadasletras.com. Ademais informan de que hoxe venres vai estar na Barreira o autobús do Centro de Transfusión de Sangue. As persoas que doen sangue poden pasar por Aira das Letras para recoller un agasallo da libraría.

– Pizzbur       

– o próximo xoves 24 de xaneiro inauguran un novo local en Culleredo, despois de 20 anos de abrir o seu primeiro local en Viveiro no ano 1993. O novo local está na Corveira, na rúa Alcalde Electo Carballo 22-22B. Neste novo establecemento poderemos probar as Galipizzas, totalmente artesanais e elaboradas con produtos galegos. O día da inauguración os asistentes están convidados a unha consumición e haberá unha degustación de Galipizzas de balde. O horario do novo establecemento será de luns a venres entre as 11.00 e a 1.30 e o fin de semana estarán abertos até as 2.00.      

– ademais xa está aberto o prazo para participar no seu II Concurso de Fotografía. Podedes consultar as bases no seu facebook (www.facebook.com/pizzbur.gl).

– oferta de lanzamento do novo servizo de vinilos de Tórculo

– Desde Cafécongotas – Comunicación Visual informan da exposición fotográfica do seu responsábel, Antón Varela. A exposición, baixo o título “Terra de xeo”, inaugúrase o 25 de xaneiro en Arteixo

– Edicións Xerais informa das súas últimas novidades: da Colección Narrativa O gardián invisible de Dolores Redondo (lanzamento internacional en trece linguas) e Costa do Solpor de Xosé Mª Lema (finalista do Premio Xerais). Da Colección Fóra de Xogo O códice do Santo Lugar de Pere Tobaruela e Nubes de evolución de Andrea Maceiras. Da Colección Sopa de Libros O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas de Ramón Caride e Cidades de Fran Alonso (reedición actualizada).

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra