Noticias da Mesa

As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Como unha novela, Baía Edicións, Demo Editorial, Libraría Aira das Letras Edicións Xerais

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

– Hoxe temos una mala noticia entre as novidades das empresas colaboradoras de Abertos ao Galego: a libraría Como unha novela, da Laracha, pecha as súas portas despois de case seis anos. Durante os meses de verán están facendo a liquidación dos fondos da libraría, polo que recollen encomendas no seu facebook (https://www.facebook.com/comounhanovela.libraria?fref=ts) ou nos telefones 981642111 ou 686926116. Pode ser unha boa oportunidade para ANPAs ou centros de ensino, ou para calquera de vós.

Estamos seguros de que en breve volveremos saber delas en novos proxectos.

– Baía Edicións na Feira do Libro da Coruña. O xoves 8 de agosto ás 21.00 presentarán Resina de Poliéster, de Correa Corredoira ás 21.00 na Carpa da Feira do Libro (Xardíns de Méndez Núñez). Ademais do autor, intervirán Pocho Taxes, que acompañará con guitarra a lectura de poemas, Xavier Seoane e Belén López, Editora. Tamén presentaron o día 7 O Carballo de Calros Silvar, ademais de A neve e o lume de Chelo Suárez e Fadita fosca!, de Miguel Vázquez Freire. 

– Demo Editorial está estes días en Viñetas desde o Atlántico, na Coruña, (entre o 1 e o 11 de agosto) cun stand propio. Ademais de sesións de sinaturas todas as tardes, agasallan con marcapáxinas e cartaces con todas as compras. Aquí podedes ver que autores van asinar no posto de Demo Editorial en Viñetas http://demoeditorial.blogspot.com.es/2013/08/actividades-demo-editorial-no-vinetas.html.

– A Libraría Aira das Letras lembra que teñen á venda os libros de texto, polo que quen queira mercalos debe facelo canto antes para que cheguen a tempo. Tamén participan na campaña Benditas Pesetas, da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz.  A través desta iniciativa, comercios de roupa, calzado, decoración ou complementos, entre outros, aceptarán o uso das antigas pesetas dende o 22 de xullo ata o 31 de agosto. Quen compre con pesetas en Aira das Letras recibirá un desconto do 30% para futuras compras.

– Xerais informa das súas máis recentes novidades editoriais: Días que non foron, de Luís Rei Núñez, da colección de narrativa; Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez; Endogamia 0.2, de Ramón Caride e Flor de Area, de Manuel Lourenzo González e Todos Somos, de Marcos Calveiro, da colección Fóra de Xogo

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis