Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9599 apoios para esta campaña.

  1. Miguel Castro · 23170
    Hai 3 anos · Mestre · Ferrol
  2. Martiña Fernández de la Torre · 23169
    Hai 3 anos · Hixienista dental · Cuntis
  3. Maria FERREIRO Couso · 23168
    Hai 3 anos · dependiente · Cuntis
  4. Daniel Rodas Chapela · 23167
    Hai 3 anos · Empresario · Moaña
  5. Ana M. Fernández Mella · 23166
    Hai 3 anos
  6. Carmen María Rivas Lois · 23165
    Hai 3 anos · Administrativa · Teo
  7. Larisa Rozados Lorenzo · 23164
    Hai 3 anos · Profesora substituta de lingua e literatura galega en secundaria · Santiago de Compostela
  8. Lucía Barreiro · 23163
    Hai 3 anos · Profesora · O Pino
  9. Xosé Ignacio Golpe Ces · 23162
    Hai 3 anos · Tecnico de mantemento · Ferrol
  10. Ofir Enrique Noya · 23161
    Hai 3 anos · Escritora · Petín
  11. José Luis Pérez Morais · 23160
    Hai 3 anos · tradutor autónomo · Vigo
  12. José Alberto · 23159
    Hai 3 anos · Estudiante · Moaña
  13. Emilio A.Lores Martínez · 23158
    Hai 3 anos · Prexubilado · Berán-Leiro Ourense
  14. Antonio Blanco Rodríguez · 23157
    Hai 3 anos · Profesor · Allariz
  15. José Luis Cunha González · 23156
    Hai 3 anos · divulgador musical · NARON

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra