Noticias da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino concéntranse contra unha nova agresión ao galego nas aulas

As modificación introducidas na carga lectiva de diferentes materias da ESO incrementan a discriminación da nosa lingua respecto a xa contemplada no Decreto do Plurilingüismo.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A  Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino concentráronse na mañá deste mércores 14 de decembro diante da Consellaría de Educación contra a redución do horario lectivo en galego na ESO provocado pola implantación da LOMCE.

O presidente da Mesa , Marcos Maceira, insistiu en que o obxectivo da Xunta é converter o galego nun “elemento accesorio”, “decorativo”, “prescindible” e “anecdótico”. As actuacións da Xunta, advertiu, están encamiñadas a que o alumnado non teña competencia suficiente en galego cando remata o ensino obrigatorio. Na actualidade, segundo os datos apostados pola CIG-Ensino da Mesa, o uso do galego no ensino chega ao 15%. Se queremos que o galego sexa unha lingua normalizada o ensino debe vehiculizarse no noso idioma pero o Goberno galego vai na dirección contraria.

Tamén, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, acusou á Consellaría de Educación de aproveitar a implantación da LOMCE para reducir a presenza do galego nas aulas. Louzao denunciou que as modificación introducidas na carga lectiva de diferentes materias da ESO incrementan a discriminación da nosa lingua respecto a xa contemplada no Decreto do Plurilingïsmo pensado “para erradicar o galego como lingua vehicular no ensino”.

A situación coa LOMCE agrávase pois o alumnado de ESO ten 31 horas en español fronte a 18 en galego se cursa ensinanzas aplicadas e 21 se cursa ensinanzas académicas. É dicir, o alumnado recibe 13 horas menos de docencia en galego que en español na modalidade de ensinanzas aplicadas e 10 menos nas académicas, no conxunta da ESO. Os datos poñen de manifesto, segundo explicou Louzao, que estamos ante unha nova actuación de “agresión brutal e inasumible” cara o noso idioma por parte do Goberno galego “que non imos consentir e que son a evidencia máis probada de que o Decreto do Plurilinguismo naceu para perseguir e erradicar a nosa lingua”.

Diante desta situación, a CIG-Ensino e a Mesa presentaron o luns 12 decembro unha queixa na Valedora do Pobo solicitando que inste á Consellaría de Educación a que paralice esta nova agresión ao galego.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis