Noticias da Mesa

Nas cidades e vilas de Galiza desenvolveranse lecturas públicas da obra de Manuel María ao redor do día 23 de abril, Día do Libro

A Fundación Manuel María está a promover en todo o país, a través da actividade Manuel María na túa voz, a organización de lecturas públicas da obra creativa do noso escritor, rendéndolle así, por parte da veciñanza das distintas localidades onde se leven a cabo, unha homenaxe literaria e popular

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Na cidade de Santiago de Compostela será o venres, 22 de abril, ás 19.30 na praza de Cervantes e está organizada pola Asociación Cultural O Galo, a Asociación Cultural Musical Solfa e A Mesa pola normalización lingüística coa colaboración da libraría Couceiro.

En Pontevedra, celebrarase o sábado, 23 de abril, ás 12.30, diante da praza de Abastos, concretamente na rúa Serra. Esta lectura pública está organizada pola Asociación Cultural Maio Longo.

En Ferrol, organizado pola Asociación Cultural Medúlio, celebrarase o acto ás 12 hrs do sábado 23. En concreto levarase a cabo no antigo Hospicio en Amboaxe.

Vigo acollerá a actividade Manuel Maria na túa voz na Casa Galega da Cultura e será entre as 11 e as 12.30 da mañá do día 23 de abril. O acto está organizado directamente por amigas e amigos da Fundación Manuel María.

O Concello de Lugo organiza unha lectura da obra de Manuel María xunto ao edificio consistorial o sábado, 23, e naCoruña, o mesmo día, e organizado tamén pola Fundación Manuel María e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda celebrarase o acto no Museo de Belas Artes ás 12 hrs.

Alén das cidades, faranse lecturas en Carral, Carballo, Cedeira, A Pobra do Caramiñal, Rodeiro, Lalín, A Laracha, Xermade, Vilalba, San Sadurniño, Ribeira, Redondela, Arteixo, Cambre…

Se algunha persoa precisa de máis información, pódese dirixir ao seguinte correo: irmandadesdafala@gmail.com

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis