Noticias da Mesa

O Protocolo de Donostia xa é realidade: as medidas para o exercicio dos dereitos lingüísticos estarán listas para o día 17 de decembro.

Donosti (Euskal Herría), 5/10/2016-. O Protocolo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos entrou  xa na súa última fase. Após recompilar na primavera e o verán achegas de axentes do conxunto de Europa, os días de onte e hoxe (4 e 5 de outubro) o Comité Científico reuniuse e, unha vez estudadas todas as achegas, elaborou unha listaxe de medidas para cada ámbito.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

E é que o Protocolo de Donostia vertebrarase arredor dos sete ámbitos recollidos na Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos: Principios Xerais, Administración e Institucións, Educación, Ámbito Socioeconómico, Onomástica, Medios de Comunicación e Novas Tecnoloxías e Cultural. Nesta ocasión, en lugar de se limitar a enumerar dereitos, apostouse en concretar medidas para o seu exercicio. Axentes sociais dos diferentes ámbitos presentaron as súas propostas para garantir os dereitos lingüísticos, e grazas ao labor de asesoramento do Comité Científico, todas estas achegas foron incluídas no Protocolo.

O Comité Científico valorou moi positivamente as achegas, tanto polo seu alto número, como, sobre todo, polo seu nível e calado.

O documento ficará agora en mans do Comité Organizador, que será o encargado de lle dar o visto bo definitivo na reunión que celebrará o día 25 de outubro en Donostia. Seguidamente, o texto retornará aos axentes sociais.

As organizacións que forman parte do Comité Organizador son: CIEMEN, LINGUPAX INTERNATIONAL, UNPO, PEN INTERNATIONAL, ELEN e ECMI. Este Comité foi o encargado de designar os membros do Comité Científico, de salvagardar os valores do proxecto e de garantir o liderado dos axentes sociais durante todo o proceso. Na reunión que celebrará o día 25 de outubro presentarán o seu balanzo de todo o proceso.

O Comité Científico está formado por 15 expertas e expertos, cuxo labor de asesoramento foi fundamental para a redacción do Protocolo. O seu coñecemento do ámbito da xestión lingüística e dos dereitos lingüísticos, xuntamente coas achegas realizadas polos axentes farán do Protocolo unha ferramenta moi produtiva.

Da Galiza contase coa presenza da profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro, que xa fora redactora da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos de 1996.

O Protocolo de Donostia presentará o día 17 de decembro de 2016 no palacio de congresos do Kursaal, no marco do proxecto impulsado pola Fundación Donostia 2016 e Kontseilua, e suporá un importante fito na defensa dos dereitos lingüísticos.

 

MEMBROS DO COMITÉ CIENTÍFICO

 Alexandra Büchler: Directora da plataforma Literature Across Frontiers (Literatura a través das fronteiras e membro de Culture Action Europa e da Executiva da Asociación de Tradutores do Reino Unido. Perspectiva cultural/literaria

 Dr. Robert Dunbar: Profesor da Universidade de Edimburgo. Mestrado en Dereito. Experto en gaélico escocés. Catedrático en Lingua, Literatura e Historia celtas. Oasis lingüísticos e perspectiva xurídica

 Ewa Chylinski: Tiflis, Xeorxia. Directora territorial del ECMI (Centro Europeo para as Cuestións relacionadas coas Minorías) no Cáucaso. Impulsou diversos programas no seo da OSCE. Perspectiva de Europa do Leste, perspectiva dos axentes sociais

 Dra. María Pilar García Negro. Profesora da Universidade da Coruña. Membro do Comité Científico da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, e unha das súas redactoras.  Perspectiva histórica, sociolingüística e dereitos Lingüísticos

 Johan Häggman: Ex asesor da Oficina Europea de Linguas Minorizadas e asesor do Parlamento Europeo e da Comisión Europea. Perspectiva das institucións europeas

 Elin Haf Gruffydd Jones: Profesora de Medios de Comunicación e Industrias Creativas na Universidade de Aberystwyth (Gales). Directora de Mercator, Instituto de Medios de Comunicación, Lingua e Cultura. Perspectiva de medios de comunicación e novas tecnoloxías

 Dr. Davyth Hicks: Secretario xeral de ELEN (Rede Europea para a Igualdade entre as Linguas) e director de Eurolang. Institucións europeas e axentes sociais

  Dr. Iñaki Martínez de Luna. Doutor en Socioloxía; profesor adxunto da UPV desde 1989. Responsábel do Gabinete de Prospeccións Sociolóxicas do Goberno Vasco desde 1986.

 Dr. Conchúr Ó Giollagáin: Profesor de Investigación Gaélica na Universidade das Highlands. Director de SOILLSE, Rede Nacional de Investigación para a Recuperación da Lingua e Cultura Gaélicas. Perspectiva xurídica, dereitos humanos, oasis lingüísticos

 Miquel Strubell: Exdirector da Cátedra de Multilingüismo Linguamón-UOC. Traballou como asesor para o Consello de Europa. Profesor de Sociolingüística e Planificación Lingüística. Perspectiva educativa, perspectiva de políticas lingüísticas

 Dr. Ferran Suay: Doutor en Psicología. Profesor de Psicobioloxía na Universidade de Valencia. Membro da entidade Acció Cultural del País Valencià. Asertividade, empoderamento da cidadanía, perspectiva psicolóxica

 Dr. Iñigo Urrutia: Profesor de Dereito Administrativo na Universidade do País Vasco, a súa tese doutoral levaba por título “Dereitos lingüísticos e sistema educativo”. Perspectiva xurídica e do ámbito educativo, ámbito dos medios de comunicación, ámbito socioeconómico, dereito comparado

Dr. Fernand de Varennes: un dos máis destacados expertos en dereitos humanos das minorías do mundo. Escribiu sobre conflitos étnicos, migrantes e outros moitos temas. Elaborou diversos informes para a ONU e para a UNESCO. Dereitos humanos, dereitos lingüísticos… É unha das persoas máis recoñecidas a nível mundial neste ámbito.

 Dr. Jaume Vernet: Catedrático en Dereito Constitucional na Universidade Rovira i Virgili de Tarragona e membro do Consello de Garantías Estatutarias de Catalunya. Na actualidade, é un dos principais expertos no ámbito da perspectiva xurídica en Cataluña

 Dr. Durk Gorter: Doutor en Ciencias Humanas pola Universidade de Ámsterdam. Experiencia investigadora de máis de 30 anos. Áreas de investigación: plurilingüísmo en entornos educativos, comparación entre as linguas minorizadas de Europa, paisaxe lingüístico na escola. Ex-catedrático en Sociolingüística do Frisio na Universidade de Ámsterdam. Ex-responsábel do centro Ljouwert / Leeuwardeko Fryske Akademy

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang