Noticias da Mesa

O Protocolo de Donostia xa está en marcha para garantir os dereitos lingüísticos

O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, estivo presente no evento.

María Pilar García Negro e Aureli Argemí pronunciaron as primeiras palabras do acto.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Tras a presentación do Protocolo de Donostia, xa está en marcha a ferramenta para garantir os dereitos lingüísticos. O palacio Kursaal contou cunha afluencia masiva de centenares de axentes e cidadáns chegados de Euskal Herria e do estranxeiro.

Nun sinxelo e emotivo acto, no que A Mesa pola Normalización Lingüística estivo presente, deuse a coñecer hoxe en Donostia o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos. Segundo as palabras pronunciadas por Paul Bilbao, secretario xeral de Kontseilua, durante a presentación, “este protocolo supuxo un exercicio práctico de empoderamento histórico, en tanto que os axentes sociais demostraron a súa capacidade para confeccionar unha ferramenta eficaz para responder as necesidades ligadas á garantía dos dereitos das linguas minorizadas”. O Protocolo foi un proxecto impulsado de maneira conxunta por Kontseilua e a Fundación Donostia 2016.

O palacio Kursaal contou cun cheo absoluto e gozouse dun acto que combinou actuacións musicais e de baile con intervencións dos participantes.  As primeiras palabras foron pronunciadas por Aureli Argemí e Maria Pilar García Negro. Segundo García Negro “os poderes públicos han de tomar todas as  medidas precisas para a aplicación dos dereitos proclamados nesta Declaración”.

Tanto Argemí como Garcia estiveron presentes fai vinte anos no proceso de elaboración da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e nas súas intervencións lembraron, precisamente, que aquela declaración trátase da antecesora do Protocolo de Donostia. “Somos 40 millóns de persoas, no continente europeo, as que temos unha lingua propia diferente das oficiais dos Estados. Se os nosos idiomas son obrigados a vivir nunha sorte de réxime de oracións subordinadas, en virtude do cal só existan para certas funcións, só se practiquen onde nolo permitan  e cando non molesten, entón, os principios da democracia, da igualdade de oportunidades, do respeito á pluralidade, á diversidade, e á xustiza, veranse seriamente comprometidos ou ben ficarán sen contido”, explicaba María Pilar García Negro.

Paul Bilbao destacou a extraordinaria solidariedade lingüística que percibiu durante todos estes meses en todos os recunchos de Europa. “A participación foi a clave do éxito deste protocolo, e fomos capaces de demostrar que, a pesar de ser comunidades pequenas, se nos unimos temos unha capacidade enorme”.

García Negro quixo dar homenaxe ao gran ilustre galego Castelao citando o seguinte: “aos que lles resulta atractiva a idea dun idioma universal, único para toda a nosa especie, son os mesmos que consideran o mito da torre de Babel coma un castigo e renegan da vida ascendente. Pero eu dígolles que a variedade de idiomas, ca súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que a fai superior a dos animais. Aí vai a demostración: un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas Arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E, sabedes por que? Porque todos os pobres animais aínda están en idioma universal”.

Subiron ao estrado decenas de axentes chegados desde Euskal Herria e o estranxeiro, os cales, co protocolo nas mans, fixéronse unha foto de familia, coa esperanza de que, cando regresen ás súas respectivas comunidades lingüísticas, poidan construír unha Europa máis plural, xusta e igualitaria.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Close your account?

Your account will be closed and all data will be permanently deleted and cannot be recovered. Are you sure?