A raíz dunha pregunta da deputada Ana Pontón, o director da CRTVG tamén apuntou que os medios públicos galegos só atenden a actividade da Mesa “en función do seu interese”.
A maior asociación cultural de Galiza está “desaparecida ou terxiversada nos telexornais de forma sistemática” e pon como exemplo “conferencias de imprensa críticas coa Xunta que nos informativos da TVG se cortan e manipulan até convertelas en mensaxes incomprensíbeis”.
Podes consultar as seguintes ligazóns sobre esta cuestión:
– “A CRTVG ve máis ‘interesante’ a denuncia do presidente da Mesa que a súa absolución” (Praza Pública).
– “A TVG non informou da absolución de Callón até o día seguinte porque ‘a noticia era a denuncia, non o veredicto'” (Sermos Galiza).
– “Nada sobre a comparecencia do director xeral” (Blogue Eu Non Manipulo, do Comité de Empresa da CRTVG).
– “Sánchez Izquierdo dice que la CRTVG presta a la Mesa ‘la atención que merece'” (ABC).
Tamén podes ver directamente os vídeos coa pregunta e a resposta: