País das Letras, póster xigante para colorear

Póster País das Letras
A Mesa pola Normalización Linguística quere contribuír a ofrecer materiais para o público infantil e xuvenil en galego. Para isto, editamos o póster xigante para colorear País das Letras. Acompáñase dun despregábel con información para que mentres pinten busquen as escritoras, escritores e personaxes literarias do País das Letras.
Este material ten como obxectivos divulgar a cultura, historia e a lingua de Galiza, fomentar a lectura en lingua galega para avanzarmos no proceso de normalización lingüística, difundir a literatura galega entre a xente nova e proporcionar materiais atractivos en galego.

Dimensións: 100 x 70 cm
Ilustración: Miguel Cuba Taboada
PVP: 11’90€
Descontos socias/os 20% e para non socias/os un 5% se mercas na tenda online da Mesa
Gastos de envío gratuítos
Idade recomendada: a partir de 3 anos

Lámina País das Letras
O País das Letras é un material didáctico para coñecer a historia da literatura galega. Póster a cor de 49 x 70 cm e un despregábel con información de escritoras, escritores e personaxes literarias.
Descontos socias/os 20% e para non socias/os un 5% se mercas na tenda online da Mesa
Gastos de envío gratuítos

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra