Como cada ano, a asociación contará cun espazo de difusión de información e venda de material. Será os días 24 e 25 de xullo no Campus Vida (máis coñecido como Campus Sur) de Santiago de Compostela.
Novas e vellas camisolas, folletos de afiliación, información sobre campañas ou proxectos como Abertos ao Galego terán o seu espazo no posto que A Mesa porá no Festigal 2012.
No posto da Mesa tamén se incluirá información e material da plataforma unitaria Queremos Galego.
Ti, que tamén defendes a normalización da lingua propia de Galiza, non deixes de pasar polo espazo da Mesa no Festigal!