Hemeroteca / 1987 | A primeira gran manifestación pola lingua

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca o 13 de decembro de 1987 a primeira grande manifestación pola lingua. Participan todas as forzas políticas, sindicatos, ANPAS, movemento veciñal, etc.

Como acontecera coa Lei de Normalización Lingüística, o Goberno español pretendía impedir que o uso do galego se estendese no ensino recorrendo o decreto que o regula e estuda facer o mesmo coa lingua nos concellos ou na xustiza. O pobo galego reaxíu unido a favor do seu idioma.

35 anos despois seguimos resistindo os ataques ao noso idioma. Denunciándoos en todos os ámbitos. Impulsando novas accións e reclamando que se cumpran os mínimos conquistados para que a lingua galega estexa en todo e para todo.

Mobilizacións, campañas, propostas e iniciativas populares para a galeguización do ensino, comercio, dos concellos, da xustiza, da administración, do audiovisual. Defensa e asesoramento a quen sofre discriminación polo uso do galego, denuncias en foros internacionais e parabéns e recoñecemento a quen se esforza día a día para que o galego exista.

Axúdanos a seguir traballando. Asóciate!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra