A Mesa pola Normalización Lingüística

A Caravana Vilamor visita Ourense

As compañeiras e compañeiros da Mesa pola Normalización Lingüística de Ourense, organizan a presentación do novo filme de Ignacio Vilar, a terza (martes) 15 de maio ás 21 h. no Café Cultural Auriense.

A Caravana Vilamor visita Ourense para a presentación do novo filme de Ignacio Vilar, que será estreado o 17 de maio na cidade das Burgas.

A Mesa pola Normalización Lingüística apoia o cinema feito na lingua propia do País organizando unha presentación do mesmo no Café Cultural Auriense a terza (martes) 15 de maio ás 21h e animando a toda a cidadanía a asistir ás proxeccións, pois é unha oportinidade única de ver cinema galego xenuíno.

É unha mágoa que as longametraxes na nosa lingua sexan un feito illado, e que desde a Xunta non se apoien máis iniciativas semellantes, que enriquecen a nosa cultura, nen a dobraxe de filmes ao galego para seren exhibidos nas salas.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra